-
O Anel da Lingua promove o coñecemento de páxinas en lingua galega na busca do afortalamento da lingua na rede
-
Páxina deste proxecto de normalización lingüística dirixido á mocidade que busca a extensión do uso do galego no eido da informática (especialmente nas comunidades educativas).
-
Páxina desta proposta lúdico-educativa que convida á mocidade a reivindicar o idioma publicamente: a súa historia, foro de participación, himno, bases dun xogo de rol...
-
Iniciativa da Unión Galeguista co obxectivo de crear unha base de datos cos carteis das estradas que non respectan a toponimia oficial galega.
-
Manifestación virtual reivindicando as mil primaveras máis para a lingua galega de Cunqueiro. Posibilidade de sumarse á manifestación, así como de deixar consignas.
-
Iniciativa que pretende ser unha especie de centro de documentación verbo do debate sobre cál debe ser a norma do galego culto: artigos de opinión e investigación, propostas normativas que se teñen feito, foro, ligazóns...
-
Manifesto en liña creado polo escritor Vázquez Pintor enmarcado dentro dunha campaña do Concello de Pontevedra de compromiso co futuro do idioma e da natureza.
-
Manifesto en liña co que A Mesa centrou as súas reivindicacións no Día das Letras do ano 2001. Posibilidade de seguir sumándose.
-
Manifesto en liña para reclamar unha unidade de acción dos axentes activos e preocupados pola lingua e a súa participación na elaboración do PXNL.
-
Páxina do grupo promotor da campaña a prol da recuperación do nome propio do país: lista de actividades, formulario para adherirse...